quarta-feira, 14 de novembro de 2007

Os Ancares II: volta a Búrbia

A derradeira fim de semana de outubro do 2007 voltamos a Búrbia. E por fim demos finalizado a ascensiom aos Lagos... e valeu moito a pena!



A primeira tarde descubrimos um recuncho no que o rio vai encaixonado entre as rochas, e onde se podem atopar poças



O segundo dia saímos cedo pola manhá e começamos a ascensiom aos Lagos, entre o Cuinha, o Mustalhar e outro cume de pintoresco nome que nom dou lembrado.
.
Nom tardamos em completar o primeiro tramo e puidemos contemplar a primeira panorámica. O povo já nem se albiscava.
.


Polo caminho atopamos as nossas amigas amanitas
.
O rio baixava por entre umha mesta fraga, pero pouco mais arriba as árvores começariam a escasear...
.
Superamos o refúgio e continuamos subindo, chegando mais arriba do que nunca antes o fizeramos
.

Polo caminho atopamos companheiros saltarins...
.


E conseguimos ver os lagos!
.


A auga estava fresquinha e nom invitava a banhar-se...

.


... pero a panorámica final mereceu a pena

.

3 comentários:

Carminha disse...

Despois de camiñar 7 horas, agatuñando a metade... doíanme ata as pestañas... MERECEU A PENA!
Para o ano o obxectivo varía pero a Burbia... hai que voltar!

Anónimo disse...

Pois a min dixome o médico que tiña agujetas crónicas.
A próxima imos en plan güiris, coa leña e a barbacoa e podemos facer rebeco o espeto (perdoade por la miña falta de "bucolicoidade")

¿Novo destino?

Sr. J disse...

De voltar, hai que subir ao Cuinha, que para isso é o cume mais alto. Nada de médias tintas.
E o de fazer rebeco ao espeto parece-me umha idea excelente, isso si... por se nom se deixa colher, melhor levar algo de churrasco.