segunda-feira, 23 de abril de 2007

Paisages 2: A Baixa Límia

Um dos territórios máis fascinantes. Um universo de auga. Umha constelaciom de poças entre os montes máis desérticos. Tosdos os roteiros do mundo. É doado atopa-los nas guias. Eu limitarei-me a amosar 3:

Poça na rota dos muinhos em Vilameá. A fervenza é um tobogam natural polo que se pode esvarar. Nom hai perigo: debaixo hai 2 metros de profundidade.

Na Corga da Fecha. Atopa-se seguindo a via romana desde Lóvios, nom longe da vila.

A poça principal da corga da fecha



E... a fervença da Corga da Fecha

E como nom, o máis impresionante, o nom-vai-máis: o parque aquático natural máis incrível de Arbolícia. As fotos que vedes a continuaciom nom lhe fam justiça, já que fôrom sacadas desde zona "segura", onde a câmara nom se podia molhar. Pero dou fe de que ali atoparedes jacuzzis, chorros de auga e banhos de todo tipo. Trata-se do rio Castro Laboreiro, ao seu passo por Olelas. Hai que baixar desde o povo por umha estradinha à esquerda e já logo se chega ao RIO. A este lado, Galiza, do outro, Portugal. Polo meio, o rio, o de Heráclito polo menos.


Deste lado, GZ, do outro, PT


Cómpre avançar aínda um chisco máis...


... e por ali é; onde está o ghicho esse, ao fondo à direita.
Que vostedes o desfrutem

3 comentários:

Carminha disse...

Xa me tarda voltar a este paraiso!!! Alberto, Gabriel, Marta, Six, M.Ángel, Carliños e, por suposto, o Sr. J contribuiron a que a fin de semana fose inesquecible (e iso que algúns desconfiaban da idea de pasar unha fin de semana do verán no medio do monte)pero debo confesar que o mérito maior o teñen as fermosas paraxes de Arbolicia que aquí vedes e... como non ...os arraianos.

Gabriel disse...

Mmmm... certamente unha fin de semana inesquecible. Quizáis convendría non facer moita propaganda destes lugares, pensade nas pozas de Vilameá cheas de guiris (ou de madrilenhos)

gazapo disse...

Quen dubidaba da idea de pasar unha fin de semana no paila?
Non sería eu